Xornal de grabación Eu Son Camariñas Monte Branco e Trece con Fran Barcia

Xornal de grabación: En Monte Branco e Trece con Fran Barcia

No caso de Fran Barcia ocorre tal cual coma seu irmán Carlos: cando se lle fala da súa vila vese na súa mirada un brillo especial. Durante a peregrinaxe dos nosos protagonistas a súa terra natal recorremos gran parte do Concello de Camariñas. Fomos testemuñas de como Belem, José María, David e Carlos se inspiraban para crear a canción que marcará a volta do grupo musical do que forman parte e que estaba a punto de separarse definitivamente. Todos os nosos músicos camariñáns creaban as súas liñas melódicas pero faltaba a armonía que sairía do virtuoso acordenista camariñán Fran Barcia.

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad