Protagonista e creadores do programa Eu Son Camariñas

Video resumo da preestrea de Eu Son Camariñas

O domingo 7 de abril, nunha tarde que lembraremos durante toda a nosa vida, o equipo de producción de Eu Son Camariñas recibía o respaldo de cáseque 200 persoas no acto de preestrea deste programa promocional do Concello de Camariñas. Nunha Casa de Pedra abarrotada, o creador de «Eu Son Camariñas» Diego Alonso Freire foi desgranando todos e cada un dos puntos dos que consta este programa promocional así como os traballos que se levaron a cabo dende outubro de 2018. Unhas labouras de xestión que transformaron esa idea inicial no video que se estreará oficialmente este próximo Venres Santo