Os integrantes do elenco do programa Eu Son Camariñas

Domingo 7 de abril, preestrea do video-clip Eu Son Camariñas

Despois de cinco meses de traballos finalmente será na tarde deste domingo 7 de abril a partir das 18:00 horas cando se celebre a preestrea do video-clip que constitúe o groso do programa «Eu Son Camariñas». A este acto de presentación deste proxecto creado polo Concello de Camariñas, poderán asistir en primicia as 50 primeiras persoas que rechéen correctamente este formulario de inscripción. Nesta xornada de estrea, que se celebrará na Casa de Pedra de Camariñas, estarán presentes os creadores do video musical e os seus protagonistas, unha representación dos colectivos participantes no traballo así como unha comitiva composta por