Arribamos a Camariñas e Vilán con Carlos Barcia

Xornal de grabación: arribamos a Camariñas e a Vilán con Carlos Barcia

Pasamos o ecuador do noso xornal de grabación no cal percorremos gran parte do Concello de Camariñas no que supoñe a volta dos nosos protagonistas á súa terra. Se algún de vos fala con Carlos sobre a súa vila verá pronto como se lle transforma o rostro e ilumina a mirada. Non hai máis que mirar o video que se preestreará este domingo 7 de abril na Casa de Pedra para comprobalo. Chegaba o protagonista da edición de hoxe do xornal de grabación ao porto da Vila das Palilleiras despois do tremendo día de ensaio que afundía as esperanzas de