Eu Son Camariñas
Un xeito de recoñecer aos camariñáns máis destacados


«Eu Son Camariñas» é un programa creado polo Concello da Vila das Palilleiras para dar visibilidade a todas esas xentes da nosa vila, e en especial á nosa xuventude, que está a loitar día tras día para mellorar, superarse e conseguir as súas metas profesionais, académicas, deportivas, etc…
Cada mes deste 2021 realizaremos unha reportaxe a ese camariñán que sexa merecedor do recoñecemento dos seus conveciños ¿Serás ti o próximo?
Recoñecemento aos valores Camariñáns
O compromiso coa súa vila, as artes, oficios, deporte ou o estudio son algunhas das cualidades que máis se valorarán nestes recoñecementos. Ademáis tamén se estimará o alcance que o candidato/a teña nas redes sociais do concello.
¿A quen buscamos?
Se eres constante no teu traballo, nos teus estudios ou tes unha habilidade que che fai especial, tes moitas posibilidades de formar parte dos ESC
Estudiantes aplicados
Eres un artista
Músicos, escritores, pintores… si a arte é o teu, eres un gran candidato para ser un representante dos ESC
Deportistas
Moitos grandes deportistas ten dado o noso concello na súa historia. ¿Eres ti un crack do deporte?

Emprendedores
Emprendedores e profesionais son a base dunha economía dinámica e dun futuro mellor para todos: buscámoste!
Compromiso social
Si eres unha persoa comprometida con algunha causa social tes moitas papeletas para ser un ESC
Compromiso coa natureza
O video promocional
Eu Son Camariñas 2019
O proxecto ESC arranca oficialmente no ano 2019 coa elaboración do campaña promocional Eu Son Camariñas. No 2020, por causa da COVID-19, o proxecto suspendeuse e no 2021 volve a surxir para amosar o mellor de Camariñas
