O Programa ESC

¿Queres saber de qué vai o programa Eu Son Camariñas?

Programa Eu Son Camariñas

Qué é o ESC?

O programa Eu Son Camariñas, na súa abreviatura ESC, é un proxecto creado polo concello para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social.

Xornal de Grabación Eu Son Camariñas Pandereteiras Mar Devalado de Camelle

Misión

Dar a coñecer por medio da web e das redes sociais a todos eses camariñáns que destacaron nalgún aspecto da súa vida.

Selección

De entre todos os candidatos que se propoñan seleccionarase ao máis destacado para o ESC do mes en curso.

Despois de dous anos dende a súa estrea, e a pesares de non poder continuarse no 2020 por mor da pandemia do COVID-19,  o programa “Eu Son Camariñas” volve a ser reactivado polo Concello de Camariñas no 2021.

Un dos propósitos orixinais do proxecto consistía en dar visibilidade aos camariñáns que lograron notoriedade ao longo da historia, tanto dende a nosa vila como dende a diáspora. Ademáis pretendíase crear un escaparate dende o cal se reflexe o traballo desa xuventude estudiosa, traballadora e emprendedora do Concello de Camariñas. Crear unha ventá que amose ao mundo todas as virtudes desas artesás, deportistas, escritores, mariños, empresarios, etc… pequenas historias das nosas xentes que deu e seguirá dando este concello cheo de talento.

Pero sobretodo, a nova etapa que este proxecto emprende nun desafiante ano 2021, será o de inclulcar un chisco de esperanza a todos os nosos veciños e a toda esta nova xeración que está a formarse dentro das escolas de todo o concello.

“Eu Son Camariñas 2021” terá tamén como un dos seus obxectivos fundamentais, inocular ese xermen que xurdíu neses homes e mulleres camariñanas e que levaron o nome da Vila das Palilleiras ata o máis alto, con orgullo pero tamén con humildade e confiando sempre no traballo duro e constante para conseguir eses obxectivos.

O programa ESC é, finalmente, unha maneira de  recoñecer a todos estes camariñáns que destacaron no seu respectivo ámbito profesional, social ou académico neste ano 2021.

Propoñe o teu candidato

¿Tes unha proposta para Eu son Camariñas 2021?

Algúns datos de interés

O Proxecto ESC 2021:

Para levar a cabo este proxecto realizaranse unha serie de accións divulgativas nas que se promocionarán as actividades educativas, profesionais ou culturais de persoas nacidas ou residentes no Concello de Camariñas. Estes candidatos serán seleccionados e propostos ao Concello de Camariñas polo equipo de producción do proxecto. Pero ademáis, calqueira persoa pode propoñer un candidato aos galardóns mediante o formulario de contacto creado para tal fin. Este candidato que se envíe será enviado ao xurado e tamén proposto nas redes sociais do proxecto.

A web www.eusoncamarinas.es será o centro neurálxico do proxecto así como o lugar onde se arquivarán todas as actividades desta singular iniciativa. A través das redes sociais do Concello de Camariñas e das propias do programa ESC (Facebook, Instagram e Twitter) faranse publicacións periódicas sobre as accións que se estean a desenrolar.  

Para elo solicitarase a colaboración dos catro centros escolares do concello para que sexan os propios nenos en actividades paralelas os diferentes reportaxes dos diferentes persoeiros camariñáns. Con esta acción o que se pretende é que a xuventude teña coñecemento de feitos históricos protagonizados por xentes de Camariñas pouco ou nada coñecidos.

 

A preestrea 2019

Na preestrea do video promocional de Eu Son Camariñas realizamos un video resumo para amosarvos todo o que alí acontencío e a ilusión que causou este proxecto

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad