Xornal de grabación: chegamos a Arou con Belem Tajes
Seguimos co noso xornal de grabacións desde o blog do programa Eu Son Camariñas. Despois dun día de intensas grabacións pola cidade da Coruña chegamos por fin ao centro neurálxico da nosa historia. Houbo que ter paciencia e esperar ao día perfecto de inverno no Concello de Camariñas para proceder á grabación. E ese día chegou por fin cunha tranquila e soleada mañá, preciosa e típica estampa da Costa da Morte cun ceo brillante e un mar bravo e moi picado. A primeira hora da mañá todo o equipo de producción se trasladaba á fermosa vila de Arou para grabar