Paula Esteiro e Víctor Fernández nun momento da grabación do ESC

O Concello publica a sexta entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Paula Esteiro, campiona de España de carreiras de obstáculos

A protagonista domina desde hai anos a competición na que participa e combina o deporte co seu traballo como enfermeira no hospital Virxe da Xunqueira. O Concello de Camariñas publicou a sexta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Paula Esteiro, unha camariñana campioa de España de carreiras de obstáculos (OCR). ‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta

O Concello publica a 5ª entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Fran Pais Fondo, creador da app ‘Breiko Breiko’

O Concello de Camariñas publicou a quinta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz Fran Pais Fondo, un enxeñeiro informático e Chief Technology Officer (CTO) da aplicación móbil ‘Breiko Breiko’. ‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta ocasión o protagonista e Fran Pais Fondo, que sumou os seus coñecementos en informática e novas tecnoloxía cos do seu irmán

O Concello publica a cuarta entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Evaristo Antelo, ‘Ito’, armador e patrón do buque Apostol

O Concello de Camariñas publicou a cuarta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz Evaristo Antelo López, ‘Ito’, un armador que está a fronte da súa propia embarcación pesqueira, o buque Apostol. ‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta ocasión o protagonista é Evaristo Antelo López, ‘Ito’, que reivindica os esforzos que están a facer os traballadores do

Este martes 27 de abril, estrea do ESC de Maio

Despois do impresionante éxito das entrevistas das sanitarias que loitan contra a COVID-19 María, Alicia e Laura chégalle o turno a outra rapaza que rompeu moldes. Trátase dunha camellana que realizou un traballo impresionante sobre un dos persoeiros máis importantes que deu a nosa querida vila de Camelle. A estrea deste amena e didáctica reportaxe do ESC de Maio realizarase na noite deste martes 27 de abril, ás 22:30 da noite e asegurámosvos que non poderedes deixar de miralo. Un entretido e instructivo documento no que o noso presentador, Víctor Fernández Alves, repasa dunha maneira amplia coa protagonista do ESC

Grabación do segundo capítulo de Eu Son Camariñas 2021

Sale á luz o novo capítulo do Eu Son Camariñas 2021: Sanitarias

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta ocasión as protagonistas son a doutora Alicia Ogando; a coidadora de persoas con diversidade funcional, María Oanes; e a enfermeira na UCI COVID do CHUAC, Laura Rodríguez. Tres sanitarias, de tres campos distintos, que nos veñen a contar a súa experiencia ao longo destes últimos meses convulsos e que nos dan a súa visión

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Na mañán deste soleado domingo 28 de febreiro daban comezo no barrio do Campo, en pleno casco antigo de Camariñas, as grabacións pertencentes á segunda época de Eu Son Camariñas. O cometido destas grabacións resúmese no programa que se detalla nesta mesma web e que trataría de dar continuidade ao proxecto Eu Son Camariñas despois de que tivera que retrasarse por mor da pandemia do COVID-19. Deste xeito, arrranca novamente este gran proxecto que leva a cabo o concello de Camariñas co propósito de dar visibilidade a eses veciños e veciñas do concello que chegaron a realizar algún fito importante

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad