O Concello publica a 5ª entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Fran Pais Fondo, creador da app ‘Breiko Breiko’

O Concello de Camariñas publicou a quinta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz Fran Pais Fondo, un enxeñeiro informático e Chief Technology Officer (CTO) da aplicación móbil ‘Breiko Breiko’.

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

Nesta ocasión o protagonista e Fran Pais Fondo, que sumou os seus coñecementos en informática e novas tecnoloxía cos do seu irmán Mario -experto en transportes- para crear a ferramenta ‘Breiko Breiko’. Esta aplicación móbil está a revolucionar a súa área e postúlase a ser imprescindible en todo o mundo. A través deste sistema, a cidadanía pode situar unha pregunta no mapa para que o resto da comunidade a responda.

Deste xeito, os usuarios e usuarias poden obter indicacións de como chegar ou saír dalgún lugar, evitar problemas, aforrar tempo e combustible grazas ás recomendacións do resto de usuarios e usuarias. Así mesmo, as persoas que empreguen esta app disporán de toda a información de incidencias da rede de estradas, cunha actualización constante.

Eu Son Camariñas

Un dos propósitos orixinais do proxecto consiste en dar visibilidade aos camariñáns que lograron notoriedade ao longo da historia, tanto dende a nosa vila como dende a diáspora. Ademais pretendíase crear un escaparate dende o cal se reflexe o traballo desa xuventude estudosa, traballadora e emprendedora do Concello de Camariñas. Crear unha ventá que amose ao mundo todas as virtudes desas artesás, deportistas, escritores, mariños, empresarios… pequenas historias das nosas xentes que deu e seguirá dando este concello cheo de talento.

Propoñe o teu candidato

¿Tes unha proposta para os galardóns esc 2021?

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad