Evaristo Antelo López «Ito», armador e patrón do buque Apostol

Ficha de Evaristo

Apelidos

Antelo López

Data de nacemento

1980-10-18

Estudios realizados

Licenciado en Mariña Civil sección Puente

Traxectoria Profesional

Mariñeiro no barco Gaviota de Camariñas. Oficial de puente na Mariña Mercante.

Campo

Pesca

Fito importante

Xoven armador dun barco en Camariñas

Chega a cuarta entrega do ESC na que incluímos nesta lista de camariñáns senlleiros a un patrón e armador que está ao fronte da súa propia embarcación pesqueira. No medio das novas sobre a colocación ou non de cámaras dentro dos barcos, o control mediante os diarios dixitais e unhas cotas a baixa parecera que o peixe pasou case a un segundo plano dentro da actividade pesqueira. Por sorte o novo integrante do Eu Son Camariñas fala con nos para volver a situala no centro da cuestión e para reivindicar os esforzos que están a facer os traballadores do mar por manter a dignidade da súa profesión.

Evaristo Antelo López estudou Mariña Civil «Sección Puente» na UDC. Tras rematar a licenciatura enrolouse na mariña mercante na cal traballaría durante anos antes de volver a súa vila natal, Camariñas. Aquí faise cargo da súa propia embarcación cos cargos de patrón e armador. Máis de 10 anos de experiencia dende a ponte de mando aválano como unha das voces máis respectadas da zona a hora de falar da pesca e por iso, hoxe, conversa con nos a cerca do presente desta profesión e sobre como afrontar o seu futuro.

A entrevista de Evaristo para ESC

Play Video

As fotos da historia de Evaristo

Un pequeno percorrido polas imaxes que marcaron a historia do noso protagonista de hoxe na sección Entrevistas ESC

Outras
entrevistas

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad