Volve o ESC coa súa quinta entrega e se na anterior charlábamos con un dos protagonistas da nosa tradición pesqueira, desta volta temos a un rapaz da Ponte do Porto que nos falará dunha profesión que nace case neste milenio no que estamos. O auxe da informática, o uso de dispositivos móbiles e de internet xa está en practicamente todos os recunchos do noso día a día presentando novas cuestións ademais de numerosas opcións dentro do eido do traballo. Un mundo cambiante que xa non so é futuro se non presente e sobre o que o noso protagonista tentará axudarnos a comprender así como a sentirnos máis cómodos no noso papel de usuarios.
O veciño da Ponte do Porto Fran Pais Fondo estudou enxeñería informática na Universidade da Coruña e tras rematar o Grao empezou a traballar na cidade da Coruña nunha das empresas punteiras do seu campo. Os seus coñecementos no eido tecnolóxico sumáronse aos do seu irmán, Mario, no campo do transporte para crear unha aplicación para dispositivos móbiles que está a revolucionar a súa área e se postula a ser imprescindible en todo o mundo. Esta app chámase Breiko Breiko e está a desarrollar un gran crecemento. Con todos vos o capítulo quinto do Eu Son Camariñas da man do seu presentador Víctor Fernández Alves.