Comezamos as grabacións de Eu Son Camariñas

Na mañán do venres 13 de decembro o equipo de producción de Eu Son Camariñas daba comezo ás grabacións do programa na cidade da Coruña. Os protagonistas dábanse cita na Praza Elíptica preto do Monte de San Pedro para rexistrar as primeiras imaxes de Eu son Camariñas que comezarían no local de ensaio do grupo musical dos protagonistas do video. Despois, o equipo dirixíase a varios puntos da cidade herculina onde rematarían a xornada realizando varias tomas individuais á Belem Tajes. A exitosa vocalista de Arou terá un papel fundamental na primeira parte do video, pero non queremos adiantarvos nada máis polo momento. Estade atentos a todas as novidades que vos iremos desvelando pouco a pouco, gota a gota, neste xornal de grabación de Eu Son Camariñas.

Trailer do video «Eu Son Camariñas»
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

O video oficial

A continuación o video de eu son camariñas, unha historia de terra e música

O proxecto ESC

Eu Son Camariñas é un proxecto do Concello de Camariñas coa colaboración dos músicos, protagonistas, asociacións, empresas e creadores que participaron neste traballo. 

Eu son Camariñas 2019 © Todos os dereitos reservados