Domingo 7 de abril, preestrea do video-clip Eu Son Camariñas

Despois de cinco meses de traballos finalmente será na tarde deste domingo 7 de abril a partir das 18:00 horas cando se celebre a preestrea do video-clip que constitúe o groso do programa «Eu Son Camariñas». A este acto de presentación deste proxecto creado polo Concello de Camariñas, poderán asistir en primicia as 50 primeiras persoas que rechéen correctamente este formulario de inscripción. Nesta xornada de estrea, que se celebrará na Casa de Pedra de Camariñas, estarán presentes os creadores do video musical e os seus protagonistas, unha representación dos colectivos participantes no traballo así como unha comitiva composta por un selecto grupo de creadores audiovisuais que non quixeron perderse o evento. Así mesmo tamén estarán presentes os membros da corporación municipal coa súa alcaldesa Sandra Ínsua á cabeza, que presidirá o acto e dará as razóns do porque deste traballo audiovisual que ten en vilo a todas as xentes do concello. Finalmente recordarvos que a estrea pública e oficial do programa «Eu son Camariñas» será realizada, como non podía ser doutro xeito, na Mostra do Encaixe de Camariñas da cal vos teremos informados.

Propoñe o teu candidato

¿Tes unha proposta para os galardóns esc 2021?

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad