Estrea oficial de Eu Son Camariñas na Mosta do Encaixe 2019

Chega por fin o momento da estrea oficial do programa Eu Son Camariñas que, como non podía ser doutro xeito, será celebrada na Mostra do Encaixe de Camariñas 2019. Na tarde do venres 19 de abril ás 20:00 horas, xusto despois do desfile de grandes deseñadores, realizarase a estrea oficial do video promocional e de todo o programa na sala de desfiles da Mostra do Encaixe. Para poder participar neste acto interactivo e coñecer por fin o secreto mellor gardado deste proxexto publicitario do Concello de Camariñas tan só terás que solicitar a túa entrada de forma totalmente gratuita mediante este enlace de reserva. Lembrarvos que o número de butacas dispoñibles para esta estrea oficial é de 150 asientos co que vos emplazamos a que reservedes canto antes a vosa plaza para non quedarvos fora. Así que deste xeito quedades todos citados o venres 19 de abril na sala de desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas onde xunto aos creadores e protagonistas do video desvelaremos todos os pormenores de Eu Son Camariñas.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

O video oficial

A continuación o video de eu son camariñas, unha historia de terra e música

O proxecto ESC

Eu Son Camariñas é un proxecto do Concello de Camariñas coa colaboración dos músicos, protagonistas, asociacións, empresas e creadores que participaron neste traballo. 

Eu son Camariñas 2019 © Todos os dereitos reservados