O Concello publica a oitava entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Juan Cabrejo, director da Escola de Fútbol municipal

O Concello de Camariñas publicou a oitava entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Juan Manuel Cabrejo Pasantes, un camariñán coñecido en toda España pola súa carreira como futbolista profesional e que agora volveu á casa para dirixir a Escola de Fútbol do Concello de Camariñas. ‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta ocasión o protagonista e Juan

Arribamos a Camariñas e Vilán con Carlos Barcia

Xornal de grabación: arribamos a Camariñas e a Vilán con Carlos Barcia

Pasamos o ecuador do noso xornal de grabación no cal percorremos gran parte do Concello de Camariñas no que supoñe a volta dos nosos protagonistas á súa terra. Se algún de vos fala con Carlos sobre a súa vila verá pronto como se lle transforma o rostro e ilumina a mirada. Non hai máis que mirar o video que se preestreará este domingo 7 de abril na Casa de Pedra para comprobalo. Chegaba o protagonista da edición de hoxe do xornal de grabación ao porto da Vila das Palilleiras despois do tremendo día de ensaio que afundía as esperanzas de

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad