Xornal de grabación: arribamos a Camariñas e a Vilán con Carlos Barcia

Pasamos o ecuador do noso xornal de grabación no cal percorremos gran parte do Concello de Camariñas no que supoñe a volta dos nosos protagonistas á súa terra. Se algún de vos fala con Carlos sobre a súa vila verá pronto como se lle transforma o rostro e ilumina a mirada. Non hai máis que mirar o video que se preestreará este domingo 7 de abril na Casa de Pedra para comprobalo. Chegaba o protagonista da edición de hoxe do xornal de grabación ao porto da Vila das Palilleiras despois do tremendo día de ensaio que afundía as esperanzas de continuidade do grupo musical camariñán. Despois de dar a volta polo paseo marítimo, Carlos recupera a súa inspiración musical armado coa súa guitarra no lexendario Faro Vilán de Camariñas, onde comezarán a soar eses arpexios que conforman o fondo do tema musical «Eu son Camariñas». Comeza así a encherse a paisaxe dunha das paraxes máis impresionantes de toda Galicia dunha melodía que encarna o máis puro da alma camariñana.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

Propoñe o teu candidato

¿Tes unha proposta para os galardóns esc 2021?

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad