Grabación do segundo capítulo de Eu Son Camariñas 2021

Sale á luz o novo capítulo do Eu Son Camariñas 2021: Sanitarias

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta ocasión as protagonistas son a doutora Alicia Ogando; a coidadora de persoas con diversidade funcional, María Oanes; e a enfermeira na UCI COVID do CHUAC, Laura Rodríguez. Tres sanitarias, de tres campos distintos, que nos veñen a contar a súa experiencia ao longo destes últimos meses convulsos e que nos dan a súa visión

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Na mañán deste soleado domingo 28 de febreiro daban comezo no barrio do Campo, en pleno casco antigo de Camariñas, as grabacións pertencentes á segunda época de Eu Son Camariñas. O cometido destas grabacións resúmese no programa que se detalla nesta mesma web e que trataría de dar continuidade ao proxecto Eu Son Camariñas despois de que tivera que retrasarse por mor da pandemia do COVID-19. Deste xeito, arrranca novamente este gran proxecto que leva a cabo o concello de Camariñas co propósito de dar visibilidade a eses veciños e veciñas do concello que chegaron a realizar algún fito importante

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad