Paula Esteiro e Víctor Fernández nun momento da grabación do ESC

O Concello publica a sexta entrega de ‘Eu Son Camariñas’ con Paula Esteiro, campiona de España de carreiras de obstáculos

A protagonista domina desde hai anos a competición na que participa e combina o deporte co seu traballo como enfermeira no hospital Virxe da Xunqueira. O Concello de Camariñas publicou a sexta entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’ que lle dá voz a Paula Esteiro, unha camariñana campioa de España de carreiras de obstáculos (OCR). ‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Na mañán deste soleado domingo 28 de febreiro daban comezo no barrio do Campo, en pleno casco antigo de Camariñas, as grabacións pertencentes á segunda época de Eu Son Camariñas. O cometido destas grabacións resúmese no programa que se detalla nesta mesma web e que trataría de dar continuidade ao proxecto Eu Son Camariñas despois de que tivera que retrasarse por mor da pandemia do COVID-19. Deste xeito, arrranca novamente este gran proxecto que leva a cabo o concello de Camariñas co propósito de dar visibilidade a eses veciños e veciñas do concello que chegaron a realizar algún fito importante

Xornal de Grabación de Eu Son Camariñas en Camelle coas pandereteiras de Mar Devalado

Xornal de grabación: En Camelle coas pandereteiras de Mar Devalado

Despois de pasar por Camariñas e Vilán con Carlos Barcia voltábamos ao norte do Concello de Camariñas no cal dábamos comezo a este xornal de grabación na veciña vila de Arou con Belem Tajes e onde nos esperaba a penúltima meta volante do noso singular percorrido musical camariñán. Chegaba o turno do grupo de pandereteiras Mar Devalado de Camelle que, aínda que non aparecían no trailer do video, as súas panderetas e voces terán parte fundamental do fío musical. Os integrantes deste fermoso grupo, cun impecable e moi vistoso vestiario e liderados polo seu profesor Felipe Sar, agardaban ao equipo

Arribamos a Camariñas e Vilán con Carlos Barcia

Xornal de grabación: arribamos a Camariñas e a Vilán con Carlos Barcia

Pasamos o ecuador do noso xornal de grabación no cal percorremos gran parte do Concello de Camariñas no que supoñe a volta dos nosos protagonistas á súa terra. Se algún de vos fala con Carlos sobre a súa vila verá pronto como se lle transforma o rostro e ilumina a mirada. Non hai máis que mirar o video que se preestreará este domingo 7 de abril na Casa de Pedra para comprobalo. Chegaba o protagonista da edición de hoxe do xornal de grabación ao porto da Vila das Palilleiras despois do tremendo día de ensaio que afundía as esperanzas de

Grabación de Eu Son Camariñas en Xaviña con David Carril

Xornal de grabación: Parada en Xaviña con David Carril

Se con Belem Tajes coñecíamos o bravo mar de Arou e, a continuación, con JM Fernández descubríamos na Ponte do Porto o paso do Río Porto no maravilloso lugar de O Posiño será co xaviñán David Carril cando contemplemos a unión dese mar e dese río na paradisíaca praia de O Ariño. E é que despois do triste ensaio do grupo na cidade da Coruña, o virtuoso gaiteiro residente na gran cidade chegaba a Xaviña para respirar esa atmósfera creativa que só un pode encontrar na pureza do lugar que che víu nacer. Foi, coa súa gaita en man, contemplando

Grabasción de Eu Son Camariñas na Ponte do Porto con JM Fernández

Xornal de grabación: chegamos á Ponte do Porto con JM Fernández

Na mesma espléndida mañá que desfrutábamos das paisaxes da praia de Arou con Belem Tajes, chegaba o equipo de grabación xunto aos protagonsitas á Ponte do Porto para continuar coa grabación de Eu Son Camariñas. Era o turno do baixista do grupo, que regresaba á vila Porteña despois do infructuoso ensaio na Coruña e que poñía contra as cordas ao conxunto musical composto polos nosos protagonistas. Cando José María regresa á Ponte do Porto comeza recorrendo a impresionante zona de O Pociño, lugar por onde inicia o Río Porto o seu paso pola parroquia de San Pedro. Alí o noso

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad