Video resumo da preestrea de Eu Son Camariñas

O domingo 7 de abril, nunha tarde que lembraremos durante toda a nosa vida, o equipo de producción de Eu Son Camariñas recibía o respaldo de cáseque 200 persoas no acto de preestrea deste programa promocional do Concello de Camariñas. Nunha Casa de Pedra abarrotada, o creador de «Eu Son Camariñas» Diego Alonso Freire foi desgranando todos e cada un dos puntos dos que consta este programa promocional así como os traballos que se levaron a cabo dende outubro de 2018. Unhas labouras de xestión que transformaron esa idea inicial no video que se estreará oficialmente este próximo Venres Santo na sala de desfiles da Mostra do Encaixe de Camariñas. A continuación eran presentados os protagonistas de «Eu Son Camariñas», que agradecían públicamente a Diego Alonso toda a súa confianza neles.

Case 200 persoas déronse cita na Casa de Pedra para ver a preestrea do programa Eu Son Camariñas
Belem Tajes, JM Fernández, Carlos e Fran Barcia na preestrea de Eu Son Camariñas

E acontinuación chegaban as sorpresas que se tiñan preparadas para este evento: o video de David Carril, protagonista do video residente en Londres que nos tocaba as notas da canción orixinal de «Eu Son Camariñas» dende o mesmo puente de Westminster. A outra das sorpresas consistía na proxección doutro video do mellor deportista que deu a Costa da Morte, o camariñán Víctor Vigo, no cal nos explicaba todo o traballo e sacrificio que dende a canteira do balonmán en Camariñas levou a cabo ata chegar ao máis alto para el como foi o de desputar a liga de campións en Europa.

Despois da xenial presentación chegaba o turno de que os asistentes a esta preestrea foran os primeiros en ver o video que toda Camariñas está esperando ver. Ao remate deste, un espontáneo aplauso por parte das preto de 200 persoas presentes inundaba a Casa de Pedra nun emotivo acto de gratitud a todo o traballo realizado nestes últimos meses. Despois chegaba o turno da alcaldesa Sandra Ínsua que agradecía micrófono en man a pasión coa que se elaborou este programa por parte de todos os seus creadores e protagonistas. Finalmente viña a hora da foto de familia e dos comentarios de gran parte do público que non quixo perderse a oportunidade de felicitar a todos os creadores de Eu Son Camariñas. Como dicíamos no principio desta entrada, será moi difícil que olvidemos todo o vivido na xornada de preestrea e só temos unha palabra para todos os asisitentes: gracias.

Preestrea de Eu Son Camariñas nos medios:

Propoñe o teu candidato

¿Tes unha proposta para os galardóns esc 2021?

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad