Xornal de Grabación de Eu Son Camariñas en Camelle coas pandereteiras de Mar Devalado

Xornal de grabación: En Camelle coas pandereteiras de Mar Devalado

Despois de pasar por Camariñas e Vilán con Carlos Barcia voltábamos ao norte do Concello de Camariñas no cal dábamos comezo a este xornal de grabación na veciña vila de Arou con Belem Tajes e onde nos esperaba a penúltima meta volante do noso singular percorrido musical camariñán. Chegaba o turno do grupo de pandereteiras Mar Devalado de Camelle que, aínda que non aparecían no trailer do video, as súas panderetas e voces terán parte fundamental do fío musical. Os integrantes deste fermoso grupo, cun impecable e moi vistoso vestiario e liderados polo seu profesor Felipe Sar, agardaban ao equipo

Arribamos a Camariñas e Vilán con Carlos Barcia

Xornal de grabación: arribamos a Camariñas e a Vilán con Carlos Barcia

Pasamos o ecuador do noso xornal de grabación no cal percorremos gran parte do Concello de Camariñas no que supoñe a volta dos nosos protagonistas á súa terra. Se algún de vos fala con Carlos sobre a súa vila verá pronto como se lle transforma o rostro e ilumina a mirada. Non hai máis que mirar o video que se preestreará este domingo 7 de abril na Casa de Pedra para comprobalo. Chegaba o protagonista da edición de hoxe do xornal de grabación ao porto da Vila das Palilleiras despois do tremendo día de ensaio que afundía as esperanzas de

Os integrantes do elenco do programa Eu Son Camariñas

Domingo 7 de abril, preestrea do video-clip Eu Son Camariñas

Despois de cinco meses de traballos finalmente será na tarde deste domingo 7 de abril a partir das 18:00 horas cando se celebre a preestrea do video-clip que constitúe o groso do programa «Eu Son Camariñas». A este acto de presentación deste proxecto creado polo Concello de Camariñas, poderán asistir en primicia as 50 primeiras persoas que rechéen correctamente este formulario de inscripción. Nesta xornada de estrea, que se celebrará na Casa de Pedra de Camariñas, estarán presentes os creadores do video musical e os seus protagonistas, unha representación dos colectivos participantes no traballo así como unha comitiva composta por

Grabación de Eu Son Camariñas en Xaviña con David Carril

Xornal de grabación: Parada en Xaviña con David Carril

Se con Belem Tajes coñecíamos o bravo mar de Arou e, a continuación, con JM Fernández descubríamos na Ponte do Porto o paso do Río Porto no maravilloso lugar de O Posiño será co xaviñán David Carril cando contemplemos a unión dese mar e dese río na paradisíaca praia de O Ariño. E é que despois do triste ensaio do grupo na cidade da Coruña, o virtuoso gaiteiro residente na gran cidade chegaba a Xaviña para respirar esa atmósfera creativa que só un pode encontrar na pureza do lugar que che víu nacer. Foi, coa súa gaita en man, contemplando

Grabasción de Eu Son Camariñas na Ponte do Porto con JM Fernández

Xornal de grabación: chegamos á Ponte do Porto con JM Fernández

Na mesma espléndida mañá que desfrutábamos das paisaxes da praia de Arou con Belem Tajes, chegaba o equipo de grabación xunto aos protagonsitas á Ponte do Porto para continuar coa grabación de Eu Son Camariñas. Era o turno do baixista do grupo, que regresaba á vila Porteña despois do infructuoso ensaio na Coruña e que poñía contra as cordas ao conxunto musical composto polos nosos protagonistas. Cando José María regresa á Ponte do Porto comeza recorrendo a impresionante zona de O Pociño, lugar por onde inicia o Río Porto o seu paso pola parroquia de San Pedro. Alí o noso

Grabación de Eu Son Camariñas en Arou

Xornal de grabación: chegamos a Arou con Belem Tajes

Seguimos co noso xornal de grabacións desde o blog do programa Eu Son Camariñas. Despois dun día de intensas grabacións pola cidade da Coruña chegamos por fin ao centro neurálxico da nosa historia. Houbo que ter paciencia e esperar ao día perfecto de inverno no Concello de Camariñas para proceder á grabación. E ese día chegou por fin cunha tranquila e soleada mañá, preciosa e típica estampa da Costa da Morte cun ceo brillante e un mar bravo e moi picado. A primeira hora da mañá todo o equipo de producción se trasladaba á fermosa vila de Arou para grabar

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad