Volve o ESC con esta segunda entrega onde incluímos nesta lista a tres rapazas que no último ano estiveron na fronte da pandemia. Tres sanitarias, de tres campos distintos, que nos veñen a contar a súa experiencia ao longo destes últimos meses convulsos e que nos dan a súa visión dende dentro desta situación de pandemia. Tamén nos falan do Club Balonmán Encaixe Camariñas no que militaron as tres e no que chegaron a formar parte da mesma alienación no seu momento.
Alicia Ogando estudou o grao en medicina na USC e continuou formándose para ser pediatra. A día de hoxe está a cursar o MIR que a levou a traballar no CHUAC tratando a nenos, e nos últimos meses, debido a situación de pandemia, tratando a enfermos da COVID. A súa visión móstranos como son esa toma de decisións coa responsabilidade de ter a vida dos pacientes nas túas mans e a presión que isto supón no día a día.