Alicia Ogando, doutora no CHUAC

Datos do protagonista

Nome

Alicia

Nacemento

1992-10-28

Estudios

Grao en Medicina na USC

Ocupación Actual

Doctora no CHUAC tratando a pacentes COVID

Campo

Medicina

Fito importante

Loita contra a pandemia da COVID

Volve o ESC con esta segunda entrega onde incluímos nesta lista a tres rapazas que no último ano estiveron na fronte da pandemia. Tres sanitarias, de tres campos distintos, que nos veñen a contar a súa experiencia ao longo destes últimos meses convulsos e que nos dan a súa visión dende dentro desta situación de pandemia. Tamén nos falan do Club Balonmán Encaixe Camariñas no que militaron as tres e no que chegaron a formar parte da mesma alienación no seu momento.

Alicia Ogando estudou o grao en medicina na USC e continuou formándose para ser pediatra. A día de hoxe está a cursar o MIR que a levou a traballar no CHUAC tratando a nenos, e nos últimos meses, debido a situación de pandemia, tratando a enfermos da COVID. A súa visión móstranos como son esa toma de decisións coa responsabilidade de ter a vida dos pacientes nas túas mans e a presión que isto supón no día a día.

A entrevista de Alicia para ESC

Play Video

As fotos da historia de Alicia

Un pequeno percorrido polas imaxes que marcaron a historia do noso protagonista de hoxe na sección Entrevistas ESC

Outras
entrevistas

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad