Luna Suárez, arquitecta de Camelle

Ficha de Luna

Apelidos

Suárez Marcote

Data de nacemento

1992-01-02

Estudios realizados

Grao en Estudios de Arquitectura e Máster en Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña

Traxectoria Profesional

Arquitecta nun estudio de A Coruña

Campo

Arquitectura

Fito importante

TFG sobre a obra do Alemán de Camelle

Volve o ESC coa súa terceira entrega onde incluímos nesta lista a una rapaza que realizou un amplo traballo de investigación sobre un dos habitantes máis senlleiros da nosa zona: Manfred Gnädinger. O artista alemán fincou en Camelle gran parte da súa vida levando a cabo un proxecto museístico do cal aínda non coñecemos en toda a súa envergadura. Coa chegada do chapapote, co afundimento do Prestige, Man morreu deixando máis incógnitas que certezas sobre o seu traballo. Por sorte para nos a nova Eu Son Camariñas vainos axudar nesta tarefa.

Luna Suárez Marcote estudou arquitectura na UDC e exerce a profesión nun estudio da Coruña dende hai catro anos. Creceu ao carón do artista alemán de Camelle e iso levouna a realizar o seu TFG sobre a súa figura e a súa arte. Este traballo foi premiado como un dos mellores TFGs na Residencia de Estudantes de Elviña e foi seleccionado para participar nunha exposición presidida polo arquitecto Manolo Gallego. Nel tócanse todos os puntos da vida e arte de Manfred, algúns deles completamente descoñecidos como pode ser a fotografía ou o paradoiro dos cartos que cobraba aos visitantes por visitar o seu museo.

A entrevista de Luna para ESC

Play Video

As fotos da historia de Luna

Un pequeno percorrido polas imaxes que marcaron a historia do noso protagonista de hoxe na sección Entrevistas ESC

Outras
entrevistas

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad