Juan Cabrejo, Director da Escola de Fútbol do Concello de Camariñas

Ficha de Juan Manuel

Apelidos

Cabrejo Pasantes

Data de nacemento

1975-05-26

Estudios realizados

Maxisterio especialidad Educación Infantil

Traxectoria Profesional

FC Camariñas, Betanzos CF, SD Compostela, SD Eibar, Elche CF, AD Ceuta, FC Cartagena, Cerceda CF, SD Compostela

Campo

Deporte

Fito importante

Xogador profesional de fútbol

Volve o Eu Son Camariñas e desta volta faino con un deportista coñecido en toda España. Durante anos mantivo unha carreira no deporte rei que o levou a percorrer distintos puntos da península para desenvolver a súa paixón ao máximo nivel. A día de hoxe volveu a casa, ao Concello camariñán, onde continúa co seu camiño nun novo apartado dentro do mesmo mundo no que sempre quixo estar.
Juan Cabrejo estudou ensinanza infantil na Coruña, aínda que para exercer nese campo tardaría uns poucos anos. A súa carreira como futbolista comeza no Camariñas F.C. co cal logra acadar o título da Copa da Costa, a primeira que lucirían as vitrinas do Hermanas Patiño, unha xesta que se repetiría noutra ocasión máis nos seus anos neste club. Dará o salto ao fútbol profesional primeiro co Compostela B e posteriormente co primeiro equipo da mítica entidade do fútbol galego. Estará nas súas filas uns anos nos que case debuta na mellor liga do mundo no momento: a Primeira División Española… Logo partirá e recadará en lugares como Eibar, Elche, Ceuta e Cartaxena cuxos equipos desfrutaron da presenza deste dianteiro camariñán. Agora volveu a súa terra para xestar a nova xeración de futbolistas da Costa da Morte dende a súa escola de fútbol.

A entrevista de Juan Manuel para ESC

Play Video

As fotos da historia de Juan Manuel

Un pequeno percorrido polas imaxes que marcaron a historia do noso protagonista de hoxe na sección Entrevistas ESC

Outras
entrevistas

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad