Xornal de grabación: chegamos á Ponte do Porto con JM Fernández

Na mesma espléndida mañá que desfrutábamos das paisaxes da praia de Arou con Belem Tajes, chegaba o equipo de grabación xunto aos protagonsitas á Ponte do Porto para continuar coa grabación de Eu Son Camariñas. Era o turno do baixista do grupo, que regresaba á vila Porteña despois do infructuoso ensaio na Coruña e que poñía contra as cordas ao conxunto musical composto polos nosos protagonistas. Cando José María regresa á Ponte do Porto comeza recorrendo a impresionante zona de O Pociño, lugar por onde inicia o Río Porto o seu paso pola parroquia de San Pedro. Alí o noso protagonista, oriundo porteño, saca o seu baixo da funda e comeza a inspirar ese aire creativo que só pode haber na súa terra natal. É o momento no que José María crea as liñas de baixo que marcarán o ritmo do tema musical que da nome á canción que marcará as súas vidas: Eu Son Camariñas.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

O video oficial

A continuación o video de eu son camariñas, unha historia de terra e música

O proxecto ESC

Eu Son Camariñas é un proxecto do Concello de Camariñas coa colaboración dos músicos, protagonistas, asociacións, empresas e creadores que participaron neste traballo. 

Eu son Camariñas 2019 © Todos os dereitos reservados