O artista camariñán Carlos Barcia no seu estudio de grabación

O artista camariñán Carlos Barcia explica cómo se creou a música de Eu Son Camariñas

Todo comezou cunha chamada. Eu estaba no estudo, cando oín dende o final do corredor, como meu irmán atendía as explicacións. *Quen era? Que quería? -Pregunteille.-Queren que fagamos a música dun spot promocional para Camariñas.*Wow! En serio!? Criminal!-Seica imos ser parte dxs protagonistas do vídeo.*Nós? Que va! -Sorrín. Diego foi o coordinador do proxecto. Como un artesán, foi unindo as ideas que tiña na cabeza. Peza a peza, foi construíndo aquel fermoso crebacabezas.O vídeo trataría de visibilizar todas as cousas boas que tiña Camariñas. Eu pensaba que era imposible, non podían coller todas nun só vídeo! Só se viviches, se

Arribamos a Camariñas e Vilán con Carlos Barcia

Xornal de grabación: arribamos a Camariñas e a Vilán con Carlos Barcia

Pasamos o ecuador do noso xornal de grabación no cal percorremos gran parte do Concello de Camariñas no que supoñe a volta dos nosos protagonistas á súa terra. Se algún de vos fala con Carlos sobre a súa vila verá pronto como se lle transforma o rostro e ilumina a mirada. Non hai máis que mirar o video que se preestreará este domingo 7 de abril na Casa de Pedra para comprobalo. Chegaba o protagonista da edición de hoxe do xornal de grabación ao porto da Vila das Palilleiras despois do tremendo día de ensaio que afundía as esperanzas de

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad