O artista camariñán Carlos Barcia no seu estudio de grabación

O artista camariñán Carlos Barcia explica cómo se creou a música de Eu Son Camariñas

Todo comezou cunha chamada. Eu estaba no estudo, cando oín dende o final do corredor, como meu irmán atendía as explicacións. *Quen era? Que quería? -Pregunteille.-Queren que fagamos a música dun spot promocional para Camariñas.*Wow! En serio!? Criminal!-Seica imos ser parte dxs protagonistas do vídeo.*Nós? Que va! -Sorrín. Diego foi o coordinador do proxecto. Como un artesán, foi unindo as ideas que tiña na cabeza. Peza a peza, foi construíndo aquel fermoso crebacabezas.O vídeo trataría de visibilizar todas as cousas boas que tiña Camariñas. Eu pensaba que era imposible, non podían coller todas nun só vídeo! Só se viviches, se

Protagonista e creadores do programa Eu Son Camariñas

Video resumo da preestrea de Eu Son Camariñas

O domingo 7 de abril, nunha tarde que lembraremos durante toda a nosa vida, o equipo de producción de Eu Son Camariñas recibía o respaldo de cáseque 200 persoas no acto de preestrea deste programa promocional do Concello de Camariñas. Nunha Casa de Pedra abarrotada, o creador de «Eu Son Camariñas» Diego Alonso Freire foi desgranando todos e cada un dos puntos dos que consta este programa promocional así como os traballos que se levaron a cabo dende outubro de 2018. Unhas labouras de xestión que transformaron esa idea inicial no video que se estreará oficialmente este próximo Venres Santo

Os integrantes do elenco do programa Eu Son Camariñas

Domingo 7 de abril, preestrea do video-clip Eu Son Camariñas

Despois de cinco meses de traballos finalmente será na tarde deste domingo 7 de abril a partir das 18:00 horas cando se celebre a preestrea do video-clip que constitúe o groso do programa «Eu Son Camariñas». A este acto de presentación deste proxecto creado polo Concello de Camariñas, poderán asistir en primicia as 50 primeiras persoas que rechéen correctamente este formulario de inscripción. Nesta xornada de estrea, que se celebrará na Casa de Pedra de Camariñas, estarán presentes os creadores do video musical e os seus protagonistas, unha representación dos colectivos participantes no traballo así como unha comitiva composta por

Comezamos as grabacións de Eu Son Camariñas

Na mañán do venres 13 de decembro o equipo de producción de Eu Son Camariñas daba comezo ás grabacións do programa na cidade da Coruña. Os protagonistas dábanse cita na Praza Elíptica preto do Monte de San Pedro para rexistrar as primeiras imaxes de Eu son Camariñas que comezarían no local de ensaio do grupo musical dos protagonistas do video. Despois, o equipo dirixíase a varios puntos da cidade herculina onde rematarían a xornada realizando varias tomas individuais á Belem Tajes. A exitosa vocalista de Arou terá un papel fundamental na primeira parte do video, pero non queremos adiantarvos nada

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad