Na mañán deste soleado domingo 28 de febreiro daban comezo no barrio do Campo, en pleno casco antigo de Camariñas, as grabacións pertencentes á segunda época de Eu Son Camariñas. O cometido destas grabacións resúmese no programa que se detalla nesta mesma web e que trataría de dar continuidade ao proxecto Eu Son Camariñas despois de que tivera que retrasarse por mor da pandemia do COVID-19. Deste xeito, arrranca novamente este gran proxecto que leva a cabo o concello de Camariñas co propósito de dar visibilidade a eses veciños e veciñas do concello que chegaron a realizar algún fito importante nas súas vidas. Xa sexa no aspecto académico, cultural, laboral ou social, este novo proxecto tratará de trasladar a todo o mundo a verdadeira cara da cidadanía camariñana e, sobretodo, da súa xuventude. Benvidos e benvidas á edición 2021 de Eu Son Camariñas.