Este martes 27 de abril, estrea do ESC de Maio

Despois do impresionante éxito das entrevistas das sanitarias que loitan contra a COVID-19 María, Alicia e Laura chégalle o turno a outra rapaza que rompeu moldes. Trátase dunha camellana que realizou un traballo impresionante sobre un dos persoeiros máis importantes que deu a nosa querida vila de Camelle. A estrea deste amena e didáctica reportaxe do ESC de Maio realizarase na noite deste martes 27 de abril, ás 22:30 da noite e asegurámosvos que non poderedes deixar de miralo. Un entretido e instructivo documento no que o noso presentador, Víctor Fernández Alves, repasa dunha maneira amplia coa protagonista do ESC

Grabación do segundo capítulo de Eu Son Camariñas 2021

Sale á luz o novo capítulo do Eu Son Camariñas 2021: Sanitarias

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A nova proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros. Nesta ocasión as protagonistas son a doutora Alicia Ogando; a coidadora de persoas con diversidade funcional, María Oanes; e a enfermeira na UCI COVID do CHUAC, Laura Rodríguez. Tres sanitarias, de tres campos distintos, que nos veñen a contar a súa experiencia ao longo destes últimos meses convulsos e que nos dan a súa visión

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Comezan as grabacións de Eu Son Camariñas 2021

Na mañán deste soleado domingo 28 de febreiro daban comezo no barrio do Campo, en pleno casco antigo de Camariñas, as grabacións pertencentes á segunda época de Eu Son Camariñas. O cometido destas grabacións resúmese no programa que se detalla nesta mesma web e que trataría de dar continuidade ao proxecto Eu Son Camariñas despois de que tivera que retrasarse por mor da pandemia do COVID-19. Deste xeito, arrranca novamente este gran proxecto que leva a cabo o concello de Camariñas co propósito de dar visibilidade a eses veciños e veciñas do concello que chegaron a realizar algún fito importante

O artista camariñán Carlos Barcia no seu estudio de grabación

O artista camariñán Carlos Barcia explica cómo se creou a música de Eu Son Camariñas

Todo comezou cunha chamada. Eu estaba no estudo, cando oín dende o final do corredor, como meu irmán atendía as explicacións. *Quen era? Que quería? -Pregunteille.-Queren que fagamos a música dun spot promocional para Camariñas.*Wow! En serio!? Criminal!-Seica imos ser parte dxs protagonistas do vídeo.*Nós? Que va! -Sorrín. Diego foi o coordinador do proxecto. Como un artesán, foi unindo as ideas que tiña na cabeza. Peza a peza, foi construíndo aquel fermoso crebacabezas.O vídeo trataría de visibilizar todas as cousas boas que tiña Camariñas. Eu pensaba que era imposible, non podían coller todas nun só vídeo! Só se viviches, se

Estrea oficial de Eu Son Camariñas na Mosta do Encaixe 2019

Chega por fin o momento da estrea oficial do programa Eu Son Camariñas que, como non podía ser doutro xeito, será celebrada na Mostra do Encaixe de Camariñas 2019. Na tarde do venres 19 de abril ás 20:00 horas, xusto despois do desfile de grandes deseñadores, realizarase a estrea oficial do video promocional e de todo o programa na sala de desfiles da Mostra do Encaixe. Para poder participar neste acto interactivo e coñecer por fin o secreto mellor gardado deste proxexto publicitario do Concello de Camariñas tan só terás que solicitar a túa entrada de forma totalmente gratuita mediante

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad