Este martes 27 de abril, estrea do ESC de Maio

Despois do impresionante éxito das entrevistas das sanitarias que loitan contra a COVID-19 María, Alicia e Laura chégalle o turno a outra rapaza que rompeu moldes. Trátase dunha camellana que realizou un traballo impresionante sobre un dos persoeiros máis importantes que deu a nosa querida vila de Camelle.

A estrea deste amena e didáctica reportaxe do ESC de Maio realizarase na noite deste martes 27 de abril, ás 22:30 da noite e asegurámosvos que non poderedes deixar de miralo. Un entretido e instructivo documento no que o noso presentador, Víctor Fernández Alves, repasa dunha maneira amplia coa protagonista do ESC de Maio deste 2021 gran parte da historia deste persoeiro inesquecible.

Un documento que debería ser exposto en tódolos centros educativos do Concello de Camariñas para que os nosos pequenos coñezan da man dos seus veciños máis preparados a historia do seu concello. A estrea? Na noite deste martes 27 de abril. Non te esquezas de compartilo!

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin

Propoñe o teu candidato

¿Tes unha proposta para os galardóns esc 2021?

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad