Seguimos co noso xornal de grabacións desde o blog do programa Eu Son Camariñas. Despois dun día de intensas grabacións pola cidade da Coruña chegamos por fin ao centro neurálxico da nosa historia. Houbo que ter paciencia e esperar ao día perfecto de inverno no Concello de Camariñas para proceder á grabación. E ese día chegou por fin cunha tranquila e soleada mañá, preciosa e típica estampa da Costa da Morte cun ceo brillante e un mar bravo e moi picado. A primeira hora da mañá todo o equipo de producción se trasladaba á fermosa vila de Arou para grabar as imaxes propias de Belem Tajes como portagonista do clip. Empezamos na parte alta do monte de Arou onde se poden desfrutar dunhas maravillosas vistas á fantástica Praia de Arou pola que continuaríamos as grabación. Alí, neste espectacular areal de Arou que estreaba hai uns anos unha merecidísima bandeira azul, o equipo de producción captou unhas imaxes espectaculares de Arou tamén coñecida (e será por algo) como «A Perla da Costa da Morte». Aquí podedes ver un resumo deste día de grabación con Belem Tajes pola súa querida vila natal.