Xornal de grabación: En Camelle coas pandereteiras de Mar Devalado

Despois de pasar por Camariñas e Vilán con Carlos Barcia voltábamos ao norte do Concello de Camariñas no cal dábamos comezo a este xornal de grabación na veciña vila de Arou con Belem Tajes e onde nos esperaba a penúltima meta volante do noso singular percorrido musical camariñán. Chegaba o turno do grupo de pandereteiras Mar Devalado de Camelle que, aínda que non aparecían no trailer do video, as súas panderetas e voces terán parte fundamental do fío musical. Os integrantes deste fermoso grupo, cun impecable e moi vistoso vestiario e liderados polo seu profesor Felipe Sar, agardaban ao equipo de grabación de «Eu Son Camariñas» moi ansiosos xunto ao monumento de Manfred Gnädinger, o mítico Alemán de Camelle que debemos lembrar chegou a ser testemuña única do fatal desenlace no derradeiro ensaio dos nosos músicos protagonistas. Ao pé do extraordinario Museo Man de Camelle comezamos a darlle voltas ás grabacións que tiñamos planeadas para este excepcional grupo de pandereteiras e, aínda que o seu papel no video principal de Eu Son Camariñas sea breve debe entenderse como fundamental para o desenrolo da historia completa. Finalmente foi no museo xardín do xenial anacoreta camellán onde os integrantes do grupo deron o mellor de sí mesmos e pudemos realizar unha perfecta grabación e un complemento imprescindible a toda a historia desta traballo que leva o nome de «Eu son Camariñas». Gracias mulleres e homes do grupo de pandereteiras Mar Devalado de Camelle por facernos pasar unha tarde inolvidable!

Propoñe o teu candidato

¿Tes unha proposta para os galardóns esc 2021?

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad