Lucía Baña Ponte, avogada de Camelle

Ficha de Lucía

Apelidos

Baña

Data de nacemento

1996-06-16

Estudios realizados

Grao en Dereito na Universidade da Coruña e Mestrado da Avogacía no Ilustre Colexio de Avogados da Coruña

Traxectoria Profesional

Avogada por conta propia dende o ano 2020

Campo

Emprendemento

Fito importante

Avogada no bufete Abrente da Coruña

Volve o Eu Son Camariñas coa súa sétima entrega na que, por primeira vez neste programa, saímos das lindes do Concello de Camariñas para introducirnos máis de cheo no mundo da nosa entrevistada dende o bufete de avogados no que traballa xusto en fronte das cortes xudiciais na Coruña.

Lucía Baña estudou dereito na UDC e exerce a profesión no bufete “Abrente abogados”. Hoxe ven falar con nos sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén pasearemos por Camelle onde nos falará das implicacións de saltar ao traballo por conta propia, as dificultades e ilusións que se atopan na xente nova que trata de crear o seu propio camiño deste xeito.

A entrevista de Lucía para ESC

Play Video

As fotos da historia de Lucía

Un pequeno percorrido polas imaxes que marcaron a historia do noso protagonista de hoxe na sección Entrevistas ESC

Outras
entrevistas

Esta web utiliza cookies. Podes ver a súa política de privacidade aquí, se continúas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad