Volve o Eu Son Camariñas para dar remate a súa primeira tempada coa novena edición do programa de entrevista do Concello de Camariñas. Desta vez desprazámonos até a Ponte do Porto para somerxernos no mundo das probetas e tubos de ensaio, os laboratorios e ciencia experimental que da coas claves de futuros tratamentos médicos.
Concretamente falaremos das neuronas e da posibilidade de conseguir que estas se rexeneren. Isto, a día de hoxe é imposible nos humanos, mais si é posible noutros animais que si teñen esta capacidade como son os peixes.
Sol María Pose Méndez, estudou bioloxía na USC e realizou un Mestrado nese mesmo campus santiagués. Foi entón cando comezou a súa investigación en torno as neuronas e esa capacidade de rexeneración que posen os peixes.
Deste xeito, ao longo deste capítulo do Eu Son Camariñas explicaranos a importancia das neuronas e o seu funcionamento, como se estuda e que se sabe desa habilidade de rexeneración e que beneficios podería ter nun futuro para os seres humanos. Ademais, mentres visitamos lugares emblemáticos da vila porteña como é o posiño, Sol Pose narraranos o seu camiño até chegar a Alemaña, lugar onde reside actualmente.
A ciencia e a investigación deben acompañarse de outros traballos que non sempre se teñen en conta como son a búsquea de financiación, becas e desprazamentos na procura de novos campos de estudio que resolvan a múltiples dúbidas que este fascinante mundo ofrece.