No caso de Fran Barcia ocorre tal cual coma seu irmán Carlos: cando se lle fala da súa vila vese na súa mirada un brillo especial. Durante a peregrinaxe dos nosos protagonistas a súa terra natal recorremos gran parte do Concello de Camariñas. Fomos testemuñas de como Belem, José María, David e Carlos se inspiraban para crear a canción que marcará a volta do grupo musical do que forman parte e que estaba a punto de separarse definitivamente. Todos os nosos músicos camariñáns creaban as súas liñas melódicas pero faltaba a armonía que sairía do virtuoso acordenista camariñán Fran Barcia. Non hai lugar máis máxico para un veciño do Concello de Camariñas que as inmediacións do Areal de Trece, no que supón o paradigma da auténtica Costa da Morte: agreste, inhóspita, chea de dureza pero ao mesmo tempo cunha beleza pura cáseque imposible de encotrar en toda España. Ata alí se trasladou o noso protagonista do Xornal de Grabación onde terá a misión de rematar a creación que os seus compañeiros de grupo comezaron: Eu Son Camariñas.